Bibliografia Por lengua Por título


Título publicación: 


  A miña man na túa

Título original: 


  Nire eskua zurean

Autora: 


  Mariasun Landa

Ilustrador/a: 


  Tereixa Hernández,

Traductor/a: 


 

Editorial: 


  Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Colección: 


  erlín

Año 1ª edición: 


  1996

Núm Pág: 


  56 p. 19x14 cm

Lengua original: 


  Euskera - Euskera - Basque

Lengua de publicación: 


  Galitziera - Gallego - Galician

Menciones y Premios recibidos: 


 

Resumen: 

 

  O protagonista e narrador desta novela é Xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. Un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo Antón. Alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia. Así, sabemos que Xabi vivía só coa súa nai. O seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera. Un día descobre que a súa nai está namorada de novo. O mozo é Carlos, un profesor, e Xabi non o pode nin ver. Como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa. A través do que Xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con Antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por Sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por Irene, namorada dun home que morrera asasinado... O relato remata na madrugada, despois de que Xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. Nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.