Bibliography Languages By Title

 

Publication Title: 


  Elefante corazón de paxaro

Original title: 


  Elefante txori-bihotza

Author: 


  Mariasun Landa

Illustrator: 


  Emilio Urberuaga

Translator: 


  Silvia Gaspar

Publisher: 


  Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Collection: 


  Sopa de libros,16

1st edition: 


  2003

Page Nr.: 


  72 p. il. col. 20x13 cm

Original language: 


  Euskera - Euskera - Basque

Language of publication: 


  Galitziera - Gallego - Galician

Awards and other mentions: 


  White Raven Mention, 2001

Summary: 



 

  "Manda de elefantes con intereses culturais busca mestra con espírito dinámico e aventureiro. Vivenda na selva africana. Dieta vexetariana. Salario: cen toneladas de plátanos". O ler este anuncio, unha mestra, farta de dar clases a unhas arañas zouponas e maniáticas, solicita o traballo. Alí na selva, comproba a enorme curiosidade dos elefantes daquela manda. Queren coñecer cousas tan incribles como cántas lentellas collen nunha piscina ou cántos pares de sandalias poden levar os Reis Magos. Aqueles elefantes querían aprender inglés, facer ximnasia, utilizar ordenadores ou facer un cursiño para seren astronautas. A nova mestra de elefantes descubre tódolos elefantes, a pesar de ser moi parecidos, non son todos iguais. ¡depende do corazón que teñan!: había elefantes corazón de tigre que se enfadaban moitísimo; outros corazón de mono, sempre movéndose aquí para alá;, outros corazón de formiga que estaban sempre traballando Elefante corazón de paxaro, escrito orixinalmente en eusquera por Mariasun Landa, e ilustrado maxistralmente por Emilio Urberuaga é unha fermosa parábola sobre a diferencia e a igualdade. Cheo de humor e ironía, este libro foi merecedor dun dos premio White Ravens 2002, que concede a Biblioteca de Munich entre os mellores libros publicados para nenos no mundo, entre os anos 2000 e 2001.