Senta comodamente.
Se queres, podes traer
o teu chapeu negro,
a túa bufanda azul,
ou o teu nariz vermello de pallaso.
Apaga o móbil.
Pon ou quita os zapatos axeitados.
Pon ou quita os lentes.
Pon ou quita o humor.
Ven. Quero amosarche
parte da miña vida,
compartir a miña paixón: a literatura.
Verás que estudei en París, de moza,
Filosofía.
Mais pasei anos na Educación Básica
até chegar á Universidade, onde continúo.
Que aprendín unha lingua minoritaria e minorizada
tardiamente: o éuscaro,
que emprego xunto ao castelán.
Na escrita e na vida.
Que nos meus relatos gústame afondar nos sentimentos.
Que o humor é a miña maior autodefensa.
Que me obsesionan o ritmo narrativo,
a busca da transparencia na linguaxe.
E que unha das mellores maneiras de viaxar
que coñecín,
foi ler e escribir.
Que non me gustan as despedidas.
E adoro os puntos suspensivos.
|