- Jatorrizko izenburua: Nire eskua zurean
- Irudigilea: Tereixa Hernández,
- Itzulpena:
- ISBN: 978-84-7507-987-5
- Argitaletxea: Edicións Xerais de Galicia, S.A.
- Bilduma: erlín
- Lehen Edizioa, Argitalpen urtea: 1996
- Inprimatze data: 1996
- Argitalpen lekua: Vigo
- Orrialde kopurua: 56 p. 19x14 cm
- Edizio zenbakia: 1ª ed.
- Koadernatzea: rústica
- Jatorrizko hizkuntza: Euskera
- Argitalpen hizkuntza: Gallego
- Sariak:
- Kategoria: Literatura infantil y juvenil
O protagonista e narrador desta novela é Xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. Un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo Antón. Alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia. Así, sabemos que Xabi vivía só coa súa nai. O seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera. Un día descobre que a súa nai está namorada de novo. O mozo é Carlos, un profesor, e Xabi non o pode nin ver. Como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa. A través do que Xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con Antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por Sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por Irene, namorada dun home que morrera asasinado… O relato remata na madrugada, despois de que Xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. Nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.
- Euskera: Nire eskua zurean
- Italiano: La mia mano nella tua –
- Eslovenio: Moja roka v tvoji
- Catalán: Jo, me’n vaig
- Castellano: Mi mano en la tuya
- Gallego: A miña man na túa
- Euskera: Nire eskua zurean